A directora de Turismo de Galicia visita a destilaría de Augardentes de Galicia

A directora de Turismo de Galicia visita a destilaría de Augardentes de GaliciaA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, o presidente da Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón, e o cociñeiro galego do Grupo Nove, Pepe Solla, visitaron a destilería de Augardentes de Galicia en Vedra.

Nun dos paraxes máis exuberantes de Galicia, nas ribeiras do Ulla, Augardentes de Galicia, unha das principais destilarías da Comunidade, elabora augardentes con denominación de orixe e licores con base de augardente de herbas, café ou mel.

Durante a visita á destilaría a directora de Turismo de Galicia puido coñecer de primeira man como se elabora a tradicional augardente de Vedra del Ulla, do mesmo xeito que nos últimos séculos, pero aplicando os novos coñecementos e a técnica do século XXI.

Os produtos de Augardentes de Galicia comercialízanse a nivel nacional, e en menor medida, expórtanse. En total vende ao ano uns 12.945 litros de augardente e máis de 11.500 de licor de herbas.

En Galicia hai 30 destilerías que elaboran augardentes e licores acollidos a algunha das catro indicacións xeográficas coas que contamos.

O volume real de augardente en Galicia é difícil de precisar, debido ao carácter de industria tradicional e fortemente arraigada na poboación galega, pero só a produción de augardente e licores con indicación xeográfica en 2013 alcanzou case os 300.000 litros.